Friday, September 29, 2006

En Banda Aparte temos os nosos ídolos oficiais, un por sección. O da sección de cinema é David Lynch. Pola súa banda, o ídolo da sección de literatura é da Coruña e chámase Manuel Rivas. Sóavos?

Benvidos a Autofocus




Ola, amigos. Sede benvidos ao blog do programa de Radio Allariz, Banda Aparte, que pode escoitarse cada venres de seis a sete da tarde no 107.2 da Frecuencia Modulada, así como tamén on-line facendo click no correspondente link da web www.allariz.com . Nese programa falamos, esencialmente, de cinema e literatura, aínda que ao final aacabamos falando de todo un pouco. Pois ben, en breve, as nosas paranoias terán continuidade no noso novo blog bandaparte-autofocus.blogspot.com . Así que xa sabedes, colegas. Se vos gusta o bo cinema e a boa literatura, Banda Aparte e Autofocus son os vosos novos pontos de referencia nas ondas e na rede. E para contactar connosco: bandaparte@terra.com