
O día 30 de xullo de 2007 falecían dous tótems do cinema universal. Dende este recanto do
finis terrae, e uníndome ao meu compañeiro Alberto Rodríguez,
envío o meu humilde adeus a Ingmar Bergman e Michelangelo Antonioni. Dende a súa fortísima personalidade e erudición, ambos mestres construiron unha obra imperecedeira. En apenas cen anos, un par de xeracións de directores produciron centos de películas marabillosas, o cal resulta chamativo se ollamos para a
grella da televisión. E, de cando en cando, xorden filmes tan atípicos pola súa prodixiosa concepción que empequenecen a outros meritorios traballos. Se tivese que escoller un só de toda a década dos setenta ese sería "Gritos e Susurros", unha obra de arte fermosa e abrumadora a través da dor extrema e da agonía que antecede á morte.
O día que a arte perdeu a estes dous xenios tiven insomnio. A cada hora, nos boletíns informativos, a radio voceaba un texto breve e esquemático no que, aparte da xenialidade dáda de feito, unha mociña, cal nexus-6, repetía esquemáticamente o tópico de
difícil obra. E tópicos, como este artigo, é o único que choverá no caloroso agosto.
Ata sempre, mestres.
Miguel Segador
No comments:
Post a Comment