
O vindeiro mércores 4 de abril, ou mello dito, na madrugada do xoves 5, comeza un novo programa en Radio Allariz. Trátase de "Banda Sonora Orixinal", unha escolma das mellores e máis coñecidas bandas sonoras orixinais da Historia do Cinema. O programa estará presentado por Alberto Rodríguez Díaz e os temas que cada semana poderán escoitarse serán escollidos por Pablo Rodríguez Vázquez, membros do programa de Radio Allariz Banda Aparte. No primeiro programa poderemos escoitar partituras tan famosas como as de "Moonraker", "Amelie" ou "The third man". Xa sabe amigo, se lle gustan as bandas sonoras, sobre todo as orixinais, non dubide en deitarse ao carón dun transistor convenientemente sintonizado no 107.2 da FM. Cada mércores (ou mellor dito, xoves) de doce a unha da madrugada, en Radio Allariz.
(Na imaxe, o xenial compositor Bernard Herrmann bebendo algo, acaso un Nesquick ou un caldiño de galiña, quen sabe)
No comments:
Post a Comment