
Dende logo, como primeira reflexión, penso que baixo nengún conceito debemos recomendar o visionado de Eraserhead (1977) a Rouco Varela e ao facherío do Foro de la Familia. A perspectiva da institución familiar que esta mítica cinta de Lynch ofrece, acaso a mellor opera prima de toda a Historia do Cnema, é, sinxelamente, devastadora. E agora, para comezar, cómpre aludirmos ao inveterado problema que xurde cando hai que facer sinopse dun filme de David Lynch. ¿Cal é o argumento? En realidade, esta dificultade sempre trae de cabeza aos milimétricos críticos e é común a todas as obras abstractas, como ésta. Mais, o certo é que a abstracción do filme non reside no asunto que plantexa senón no tratamento do mesmo. Neste senso, cómpre advertir que esa calculada abstracción de Lynch foi derivando ao longo dos anos dunha cuestión meramente estilística, formal, diríase, ate afectar aos argumentos mesmos, ao fondo das historias que motivaban as pelis.
O argumento de Eraserhead é o seguinte. Nunha cidade atemporal e hiperindustrializada transcorre o monótono existir de Henry Spencer (Jack Nance) como traballador nunha imprenta. Un día, cando volve do chollo (a todo isto, o portal da casa ten o chan da habitación vermella de Twin Peaks) recibe unha invitación a cear, pola veciña, dunha súa amiga, Mary X. Nesa cea a nai da rapaza informa a Henry de que foi pai dun bebé -que evidentemente enxendrou Mary- prematuro e terríbelmente deforme. Os mozos e a criatura instálanse na casa de Henry e o pesadelo comeza. O diabólico pranto do enxendro non acouga e acaba por crebar os débiles nervios de Mary, que decide marchar da casa co posto, abandonando a Henry co seu fillo. A partires de aí, a única válvula de escape do mozo é a súa propia imaxinación.
Comezar unha análise do filme dicindo que Henry Spencer é un alter ego do propio David Lynch semella algo certamente recurrente, mais pode ser unha das poucas cousas que están máis ou menos claras. Nefeito, o look de Spencer lembra sen grandes problemas ao do director de Montana. Ese cabelo, como de meter os dedos no enchufe ou as roupas que leva, unha talla menos da que lle corresponde, son dúas probas do que afirmamos. Mais hai outra circunstancia que xustifica isto e é que Lynch ten afirmado en máis dunha ocasión que adoita empregar alter egos seus na meirande parte dos seus filmes, actores que físicamente se semellan a el (Mclahan, Theròux, Pullman...). Por outra banda non é menos certo que a historia de Eraserhead, segundo declaracións do director, estaría levemente inspirado nunha situación vivida na súa nenez. O outro grande actor da histora, ao meu xuízo colectivo, é a familia X. Por unha parte está a señora X, cuxo carácter represivo se pón de manifesto cando obriga a Henry a cumprir coa súa tarefa paternal ou cando o somete a terceiro grado interesándose polas relacións sexuais da parella. Un exemplo de toque Lynch aparece nese momento no que a señora se bota ao pescozo de Henry non se sabe moi ben se para buscar algún tipo de pracer sexual ou se para tentar vampirizalo. Outro membro da familia é o pai, quizais unha das personaxes máis lyncheanas do filme, refírome en canto ás bizarras reflexións que fai (fala dun problema que tivo nun brazo e sobre a posibilidade de amputalo) e que eu compararía coas que fai unha personaxe da serie Twin Peaks que se chama Nadine ou coas da muller do cervo de "A straight story". Amais coido que o actor que dá vida ao señor X, Allen Joseph, é o que máis texto ten en todo o filme e iso que só sae nunha escena. Tamén hai unha vella moi curiosa que non di nen mu no tempo que aguanta en plano e á que a señora X lle acende un pito. Pois ben, con pais como eses, non é de estrañar o carácter de Mary. Reprimida, infantiloide e sumamente medoñenta, axiña ha abandoar as súas responsabilidades como nai, poñéndoas en mans de Henry Spencer. A represión sexual é un dos grandes temas do filme e que o asocian algo lonxanamente a Buñuel (cfr. as personaxes interpretadas por Silvia Pinal en Viridiana ou por Catherine Deneuve en Belle de jour), se ben a comparanza máis nidia co xenio de Calanda atinxe á sintaxe fílmica, á composición das imaxes. Nefeito cando estaba a ver o principio de Eraserhead, viñeron á miña mente "Un perro andaluz" ou "La edad de oro", malia que críticos como A.García-C

E para rematar, ¿que lle falta a Eraserhead? Evidentemente, malia os impresionantes achádegos, como o da sensacional fotografía en branco e negro, case case unha personaxe implícita, ou os efectos sonoros de Alan Splet, o filme ten algunha que outra carencia, a máis importante de todas, a ausencia dunha partitura de Badalamenti, ausencia que Lynch subsanaría nos seus seguintes filmes.
Como conclusión apuntar que estamos perante un filme sensacional, que conmoveu durante anos a unha chea de cineastas, entre eles ao mesmísimo Kubrick, un filme perturbador, críptico, fascinante, sobrio e que xa bosquexa algún dos temas que van a ser unha constante na extraordinaria carreira do xenio de Missoula, Montana, que este ano cumpriu sesenta anos. Non cambie nunca, mestre!
P.D. : Ao tipo que en Venecia dixo que Lynch estaba para que lle puxesen unha camisa de forza recomendámoslle encarecidamente que non vexa xamais Eraserhead. Hai outras películas máis axeitadas para el, como "Los bingueros", se lle gustan as de risa, "La ciudad no es para mí", se quere ver a Paco Martínez Soria sorteando coches na Gran Vía ou "Romeo + Julieta", versión de Baz Luhrmann, se se pon en plan cultureta.
Alberto Rodríguez
No comments:
Post a Comment